2001
07 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.Hai cousas que non cambian, e os temporais, como todo son algo cíclico. Un día como hoxe, de hai 19 anos, o día de Reis o vento ou a choiva volvían ser protagonistas. Naquel entón, os concellos estaban aínda avaliando os danos das borrascas de principios de decembro, cando os elementos volvían azoutar a zona e cifraban en perdas millonarias os danos. En Lalín o Concello levou a cabo os traballos necesarios para desbloquear os accesos a Zobra, Cristimil, Praduxao (Prado) e Abeleda (Vilanova) que foran cortados por desprendementos de terra. Uns cortes que motivaron o labor de tres pas. Na Estrada, a agrupación de Protección Civil realizou o día de Reis dese ano un total de 85 saídas. %4 delas foron para retirar outros tantas árbores. En Agolada, retiráronse 30 das estradas e en Lalín tamén se auxiliaron a feridos en varios accidentes de circulación. O día 5, os medios xa estiveron en alerta, pero celebráronse as Cabalgatas.