A Escola Fútbol Lalín celebra a súa gala anual e o xuvenil mídese ante o Celta B

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

miguel souto

16 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Escola Fútbol Lalín celebrará hoxe, a partir das 20.30 horas en casa Pablo de Agolada, a segunda edición da súa gala anual. Nela entregaranse premios tanto a equipos como xogadores e técnicos, coa novidade este ano de sumar o fútbol gaélico e o feminino. Desta forma haberá galardón ao mellor conxunto de Deza e ao mellor futbolista, tanto masculino como feminino da zona, ademais do mellor do Lalín. Recoñecerase ao mellor técnico dezán e recoñecerase a senllos futbolistas de gaélico, en mulleres e homes. Para rematar, haberá premios dentro do propio seo da EF Lalín.

Por outra banda, o conxunto da Liga Nacional Xuvenil terá hoxe compromiso en casa. Os roxinegros mediranse a partir das 16.45 horas no Cortizo ao Celta B, onde os celestes son claros favoritos, actuais líderes invictos tras dez xornadas, coa EF Lalín antepenúltima.