Un orzamento de 60.000 euros no Casino de Lalín

La Voz

LALÍN

Non dispoñible

No 2002 houbo entrega de insignias a tres socios de honra tras acadar os cincuenta anos na entidade

02 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hai 17 anos o Casino de Lalín aínda podía presumir de dispor de posibles e un número de socios nada desdeñable. Un día como hoxe do ano 2002 o Casino era noticia pola celebración dunha asemblea que, contamos nestas mesmas páxinas, tivo escasa asistencia dos 400 integrantes da sociedade. Nesa asemblea aprobábase o orzamento para o ano seguinte, o 2003, e a cifra situábase preto dos 60.000 euros, en concreto nos 59.334 euros. Julio López era nese momento o presidente e en calidade de tal impuxo as insignias da agrupación como socios de honra a Emilio Taboada, Antonio Mato e José Crespo, tras ter acadado os tres os 50 anos como socios.