Primeiro título de liga para Herdeiras de Dhais de Lalín

J. B.

LALÍN

Cedida

As roxinegras impuxéronse no choque decisivo a Estrela Vermelha e acabaron invictas a competición

15 abr 2019 . Actualizado ás 14:53 h.

Herdeiras de Dhais de Lalín fixo historia este domingo ao proclamarse por primeira vez campioas da Liga Galega de Fútbol Gaélica. As roxinegras impuxéronse no último e disputado partido a domicilio a Estrela Vermelha por 21-29, con vantaxe xa ao descanso de 12-14. Ademais completaron a competición invictas, conseguindo o título no seu terceiro ano de participación, tras ter sido terceiras o primeiro e segundas no 2018. Como comentaba Laura Nercellas na previa, tocaba título. Técnicos e persoal agradeceron ademais o apoio recibido nas bancadas polos numerosos afeccionados que se desprazaron a ver este encontro decisivo. Agora toca pensar na Copa.