O BNG de Lalín incorpora ao veterinario José Manuel Rodríguez

La Voz

LALÍN

Cedida

12 abr 2019 . Actualizado ás 17:15 h.

O BNG de Lalín anunciou hoxe a incorporación á súa candidatura para as eleccións locais do veterinario José Manuel Rodríguez Varela. Natural de Cristimil, con 36 anos de idade, reside en Prado e o seu labor profesional céntrase sobre todo no gando vacún de Lalín e Silleda desde o 2007. Conta tamén con formación en xestión e recuperación de fauna salvaxe. Ademais é moi coñecido no mundo do fútbol, tras formarse na EF Lalín e xogar no Vilatuxe desde os 21 anos, ademais de militar na liga local de fútbol sala.

Desde a formación nacionalista destacaron que a inclusión de Rodríguez Varela reforza a aposta por "políticas adicadas ao rural, as cales serán un dous eixes centrais do programa". Unha revolución no rural, cunha lista moi renovada, apuntaban desde o BNG, recalcando o seu responsable local, Manuel Carbón, que "é todo un luxo contar con José Manuel, unha persoa comprometida co país, con Lalín e ou noso rural".