O Lalinense resiste ao Chapela nun disputado final: 32-30

LALÍN

miguel souto

Os locais aguantaron con tres exclusións nos últimos minutos tras un partido igualado que pecharon con vitoria

23 mares 2019 . Actualizado ás 21:51 h.

Victoria importante e disputada da Lalinense fronte ao Chapela por 32-30. Saltaron de inicio polos locais Durán, Ramón (5 goles+1 exclusión), Bruno (1 gol), Jorge (3), Pachi (3), Roberto (4 + 3 exclusións) e José. Entraron logo Ivi, Iago, Adrián (2), Uxío (4), Martín Losón (1+1), Porto (5+1), Román (4), Adrián Losón e Rubas. Polo Chapela conformaron o 7 inicial Lafuente, Chema (6), Galiano (7+1), Bicho (5+2), Martínez, Casal (3) e Vidal (4+1). Xogaron ademais Tizón, Figueirido (2+2), Lomba (1 exclusión), Rey (3), Álex (1 exclusión), Romero e Roibás. O tenteador cada 5 minutos foi: 4-2, 6-5, 10-7, 11-11, 14-14 e 19-15 ao descanso; 21-17; 25-19; 25-21; 26-22; 28-24 e 32-30.

Foi un partido moi igualado, aínda que o Lalinense estivo por diante practicamente todo o partido, a excepción a medio tempo na primeira metade que se situou un gol por baixo. Os catro goles ao descanso aumentaron máis na segunda metade. Pero a situación complicouse excesivamente nos últimos catro minutos, cando os locais se atoparon con tres exclusións simultáneas. O Chapela achegouse perigosamente no marcador, e os de Cacheda salvaron a situación porque a pesar da escaseza de efectivos en pista lograron facer dous goles vitais. O último, agónico, a falta duns segundos para o final do partido, cando estaba un só tanto arriba, polo que un fallo podería ter significado o empate.

O encontro foi duro, difícil e con moitas exclusións, varias delas por protestar, sobre todo nos visitantes. Condicionaron o tramo final do partido: o Lalinense sufriu 4 das 6 exclusións nos últimos minutos. A defensa 5-1 local funcionou ben na primeira metade, e tamén un ataque que logrou 19 tantos. O resultado foi importante, e non perder a cara ao partido nos momentos difíciles.