Aproban as bases de reestruturación parcelaria de Cercio

La Voz

LALÍN

O proceso de concentración nesta parroquia lalinense afecta a case 500 hectáreas

19 feb 2019 . Actualizado ás 13:53 h.

A Xunta daba conta hoxe a través do Diario Oficial de Galicia da aprobación das bases para a reestruturación parcelaria na parroquia de Cercio, en Lalín. Desta forma queda concluída a identificación dos propietarios, así como a superficie afectada por este proceso de concentración xunto coa clasificación das terras. En concreto son case 500 as hectáreas que se inclúen neste proxecto, distribuídas en máis de 3.000 parcelas distintas con 253 propietarios.