O Concello de Lalín programa unha viaxe de esquí a Andorra para nenos

La Voz

LALÍN

18 feb 2019 . Actualizado ás 13:48 h.

O Concello de Lalín programa, en colaboración co de Escaldes-Engordany, unha viaxe a Andorra ao amparo do convenio de irmandamento asinado o pasado ano, unha viaxe de esquí a Andorra. A iniciativa está destinada a nenos e nenas de once e doce anos. O prazo para reservar unha praza ábrese o día 25 e péchase o 6 de marzo. As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou  a través da sede electrónica municipal. Habilítanse 20 prazas e a adxudicación levará a cabo por sorteo no caso de que o número de solicitantes supere o de prazas ofertadas. Os beneficiarios só terán que asumir o custo do voo en avión de ida e volta entre Santiago de Compostela e Barcelona. A estancia no hotel, as comidas e o acceso ás pistas de esquí están incluídas no paquete da viaxe.