Cocido Miúdo, hoxe na Carpa Mahou

La Voz

LALÍN

rober amado

17 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Carpa Mahou no campo dá feira acollerá desde as 16.30 horas de hoxe o denominado Cocido Miúdo. Os máis pequenos serán os principais destinatarios dun programa que inclúe desde talleres organizados por Castrodeza a actuacións a xogos e animación. Pakolas en concerto abrirá os actos, con posterior espectáculo inclusivo de María

Fumaça e pechará a compaña Trotaventos.

Desde o Concello lembraban onte que este luns se pecha o prazo para adquirir as entradas e asistir o 24 ao Cocido Solidario, habilitándose ademais unha fila cero para colaborar con Carabelo. E tamén o día 18 conclúe a reserva para asistir como público o 22 a o Luar do Cocido.