Accidente por alcance na AP-53

La Voz

LALÍN

cedida

Con dous feridos leves, trasladados a Santiago

12 feb 2019 . Actualizado ás 14:00 h.

A autoestrada AP-53 rexistrou un accidente por alcance na mañá de hoxe martes, ás 7.45 horas. Foi no quilómetro 45,5, en sentido Santiago, por un alcance entre unha furgoneta de paquetería e un camión de transporte de gando, que acabou envorcado no carril dereito da autoestrada. Resultaron feridos leves o condutor da furgoneta, de 27 anos e veciño de Santiago, e un ocupante do camión de 74 anos e de Manzaneda, tamén ferido leve. Ambos foron trasladados ao Policlínico A Rosaleda de Santiago, mentres o condutor do camión de 65 anos e tamén de Manzaneda resultou ileso. O destacamento de Tráfico de Lalín instrúe dilixencias polo sinistro.