Accidente na rotonda de Willy, en Lalín

La Voz

LALÍN

Cedida

O condutor quedou durmido ao volante onte luns ás 7.40 horas

04 feb 2019 . Actualizado ás 20:18 h.

O condutor dun vehículo tipo pick up saíuse esta mañá da vía invadindo a rotonda de Willy, na avenida Xosé Cuíña de Lalín. O suceso produciuse ás 7.40 horas desta mañá. O coche quedou amais da rotonda despois de saltarse o stop na estrada procedente de Donramiro. O condutor era un cidadán portugués que manifestou á Policía Local que se desprazou ata o lugar que se quedou durmido ao volante. O coche foi retirado polo guindastre pouco despois das 8.00. Afortunadamente non se produciron danos persoais, só algúns danos materiais na rotonda.