Lalín asina o contrato para a redacción do proxecto de humanización da avenida Xosé Cuíña

La Voz

LALÍN

Cedida

22 ene 2019 . Actualizado ás 14:13 h.

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, asinou esta mañá o contrato para a redacción do proxecto de execución da obra de urbanización parcial da avenida Xosé Cuíña. O rexedor estivo acompañado polo tenente alcalde, Nicolás González Casares, o secretario municipal, César López Arribas xunto con Carlos Durán e Luís Fernández da empresa Arco Consultora técnica e Proxectos. As obras están incluídas nun dos obxectivos temáticos da estratexia Lalín Ssuma 21, que contempla entre as súas actuacións a creación de pasarelas verdes de continuidade para dar solución á fenda entre o centro urbano e as zonas próximas. Unha vez asinado o contrato, o prazo de elaboración do proxecto é de dous meses. Foi adxudicado por un importe de 30.000 euros, 10.000 euros por baixo do orzamento de licitación. Os traballos enmárcanse dentro da estratexia Dusi, cofinanciada nun 80 % por fondos Feder no marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020.