Lalín presume de Cocido en Pontevedra

La Voz

LALÍN

Cedida

18 ene 2019 . Actualizado ás 14:17 h.

A Praza de Abastos de Pontevedra foi esta mañá o primeiro destino da promoción da 51 Feira do Cocido. No acto de presentación participaron o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña; o de Turismo, Francisco Vilariño e a concelleira de Turismo de Pontevedra, Anabel Gulías. Alberto González, de Casa Currás, foi o encargado de elaborar as 200 tapas que se serviron. Neste caso a súa proposta, baseada no Cocido de Lalín, foi a Churribóndiga, da que puideron gozar as numerosas persoas que pasaron polo mercado pontevedrés.

Esta será a primeira parada dun percorrido que levará a Cocido polos mercados doutras localidades e cidades galegas co patrocinio de Gadis, Abanca e Coren. Neste caso os destinos serán Vilagarcía, A Coruña, Vigo, Lugo e Santiago de Compostela.

A presentación está moi coidada e o Cocido de Lalín preséntase cun set gastronómico con acabados en madeira cun deseño atractivo e versátl, que inclúe unha cociña, na que os cociñeiros que acoden a cada unha das citas poden acabar de preparar as súas propostas gastronómicas. Dentro deste espazo destacan tamén as imaxes do cartel da Feira deste ano. O posto serve tamén para distribuír e dar a coñecer a oferta turística do Concello contendo todos os folletos de promoción e o rueiro. Unha pantalla de televisión completa a promoción coa emisión de vídeos para dar a coñecer Lalín e os seus encantos.