Arrincaron as obras do parque de cans de Lalín

La Voz

LALÍN

Rocío Ramos

18 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Empezaron xa os traballos de execución do parque de cans na parcela situada na confluencia das rúas Otero Pedrayo e Fonte Sanguiña en Lalín. O Concello pretende facer unha proba de seis meses de funcionamento deste espazo, que conta coa oposición dos veciños. A última hora de tarde de onte xa podía verse a colocación de parte do peche perimetral do parque e algún movemento de terras, así como maquinaria na parcela.