Conformidade no xuízo ao condutor que atropelou mortalmente a unha muller en Cruces

La Voz

LALÍN

O mozo aceptou unha pena de dous anos de cárcere, que foi suspendida e cambiada por tres anos de liberdade condicional

12 dic 2018 . Actualizado ás 14:16 h.

As partes aceptaron o acordo proposto no xuízo celebrado esta mañá no Penal 1 de Pontevedra e no que se xulgaba ao condutor que atropelou a unha muller en Vila de Cruces que faleceu no acto por un presunto delito de homicidio por imprudencia grave. O condutor declarouse culpable e aceptou unha pena de dous anos de cárcere. Non ingresará en prisión xa que o acordo implicaba a suspensión da mesma por tres anos de liberdade condicional. Ao mesmo tempo, e desde hoxe, non poderá conducir vehículos a motor por un período de tres anos e seis meses. O acordo incluíu o pagamento das indemnizacións correspondentes ás dúas fillas da falecida, e despois de que hoxe, o pai de ambas, que levaba separado máis de dez anos da súa muller cando tivo lugar o accidente, renunciase a unha posible compensación.