Emocionada despedida a Marcel Van Bree en Lalín

La Voz

LALÍN

Non dispoñible

Deixou a dirección da banda municipal tras doce anos para irse á da Coruña

21 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hai poucos días a directora da Banda de Música de Lalín, Isabel María Rubio , anunciaba a súa marcha tras catro anos no cargo, que coincidirá co concerto de Santa Cecilia. Catorce anos atrás ocorría o mesmo cun dos seus predecesores no posto, o holandés Marcel Van Bree. Foi tamén na actuación organizada en honra á patroa da música cando Van Bree pechou a súa longa etapa a cargo de a banda lalinense. No seu caso foron doce anos antes de saltar á Banda da Coruña. O patio de batucas abarrotouse de público para asistir a ese concerto de despedida, ao que seguiu unha cea de homenaxe pola súa traxectoria profesional en Lalín, cultivando ademais importantes premios a banda.