Lalín viviu en outubro a maior subida porcentual do prezo de vivenda alugada

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

MIGUEL SOUTO

20 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O maior incremento porcentual no prezo da vivenda de alugueiro en Galicia protagonizouno o municipio de Lalín. O pasado outubro o custo medio a pagar foi de 3,68 euros o metro cadrado. Esa contía supuxo un 10,3 % máis sobre o mes anterior, situándose moi por amais do resto do ránking galego, segundo os datos difundidos onte polo portal Fotocasa. Así, tras Lalín o ascenso máis elevado foi no Barco, co 6,4 %; Ribadeo, co 5,8 %; Monforte de Lemos, 4,8 %; e Arteixo, 3,9 %.

Pero se en outubro creceu de forma significativa a contía a pagar por unha vivenda en alugueiro en Lalín, a nota positiva radica no seu prezo baixo respecto ao resto de Galicia. Fotocasa contrasta o custo en 23 municipios e o lalinense ten a media máis baixa con 3,68 euros por metro cadrado alugado, lonxe dos 9,85 de Sanxenxo ou os 7,52 de Vigo.