Cangas padece os mesmos problemas con Sanidade que atravesa Lalín


lalín / a voz

Lalín e Cangas teñen en común dúas cuestións: ningunha ten alcalde do PP, e as dúas teñen exactamente os mesmos problemas con Sanidade para a construción dun novo centro de saúde. O conselleiro Vázquez Almuíña demanda á localidade do Morrazo a posta a disposición de terreos para o centro, como en Lalín; e o alcalde cangués, Xosé Manuel Pazos, cuestiona esa reclamación sen dicir que fará nesa parcela unha consellería que non responde ás reclamacións que lle fan Concello e colectivos: como en Lalín. Rafael Cuíña resaltaba onte esas coincidencias, sinalando que a actuación de Sanidade céntrase en «dar a sensación de que fan e non facer, e mentir sobre vos terreos». Ofrecerá así unha rolda de prensa conxunta co alcalde de Cangas para denunciar a situación.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos
Comentarios

Cangas padece os mesmos problemas con Sanidade que atravesa Lalín