Peche puntual do servizo de padrón de Lalín por implantar nova xestión

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

miguel souto

18 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O servizo de padrón municipal de Lalín permanecerá pechado ao público o martes 23 pola mañá e o mércores 24, abrindo de tarde de 17 a 19 horas, co horario habitual de 8 a 15 horas o resto de días. O recorte puntual de atención débese a que o persoal encargado do servizo realizará a próxima semana o proceso de formación necesario para implantar un novo sistema de xestión informático do padrón, en virtude do acordo de Concello de Lalín e Deputación de Pontevedra. Tamén se integrará coa plataforma de administración electrónica do Concello, permitindo aos veciños axilizar trámites.

Con 20.101 veciños

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, destacou que na súa chegada á alcaldía atopouse con 20.004 habitantes. Dá por feito de que coas políticas do PP a capital dezana estaría por baixo dos 20.000 habitantes, fronte aos 20.101 actuais e expectativas de poder mellorar este ano aínda as cifras.

É un dos datos que pon en valor o goberno municipal que encabeza Cuíña Aparicio. Un executivo que impulsou campañas de empadroamento desde a súa chegada ao consistorio, consciente da importancia de manter a Lalín entre os municipios de primeira categoría para garantir servizos municipais e axudas.