Carrefour colabora con Aspadeza no seu xardín

La Voz

LALÍN

MIGUEL SOUTO

Traballadores do centro comercial desprazáronse a Mouriscade

18 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

É a segunda vez que o fan e onte por segundo ano consecutivo traballadores de Carrefour desprazáronse ao centro ocupacional de Mouriscade para botar unha man aos usuarios e levar a cabo o acondicionamento dos xardíns. Unha xornada de convivencia na que se plantaron plantas, limpáronse as malas herbas e deuse un aire novo ao xardín que loce xa remocicado.