O acusado de abusos ao seu fillastro negou os feitos

La Voz

LALÍN

17 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O acusado de abusos sexuais ao seu fillastro cando o tiña entre catro e trece anos negou onte os feitos no xuízo celebrado na sección segunda da Audiencia de Pontevedra e atribúeo, a «unha vinganza», segundo informa Europa Press. A familia vivía nese momento no partido xudicial de Lalín. O acusado desdíxose dunha confesión anterior ante a Garda Civil apuntando que o fixo «porque tiña medo e estaba nervioso».

Recoñeceu que si maltratou ao mozo polo que foi condenado no seu día a dous anos de prisión, A nai e as irmás da vítima negaron ter sido testemuñas deses abusos. Por vídeo conferencia prestaron declaración unha médico e unha psicóloga forense do Instituto de Medicina Legal de Cataluña que determinaron que o relato da vítima era «crible». O xuízo retomarase o día 23 para que as partes presenten informes e conclusións definitivas. O mozo denunciou cando abandonou o fogar familiar e atopábase en Barcelona.