Arrinca a brigada contra incendios de Lalín

La Voz

LALÍN

cedida

Con oito integrantes, esta cuadrilla municipal traballará durante tres meses

24 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Comezou as súas tarefas onte a brigada municipal contra incendios de Lalín, que foi recibida no consistorio por Rafael Cuíña, Miguel Medela e José Manuel Fernández. Conforman a unidade oito operarios ?tres condutores de motobomba, un capataz, tres peóns e un condutor especialista?. Estará operativa tres meses, cubrindo o período de maior risco de incendios forestal. Xunto á loita contra o lume, tamén traballarán en mantemento de camiños e labores de prevención dos incendios.