Pechan Colón para cubrilo de paraugas

La Voz

LALÍN

cedida

17 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O «ceo» de paraugas da rúa Colón de Lalín está máis preto de facerse realidade. Onte pechouse ao tránsito o centro da rúa para comezar a montaxe da infraestrutura que permitirá colgar paraugas de cores, nunha iniciativa que «nace coa idea de facer desta rúa un espazo máis atractivo para potenciar a chegada de visitantes durante a época estival e, ao tempo, dinamizar a actividade social e comercial dá vila», en palabras do concelleiro de Turismo Francisco Vilariño. O sábado pola mañá estará completamente instalada a estrutura decorativa, que terá continuidade ata finais de setembro e será un elemento máis de dinamización durante as festas das Dores. O Concello anticipa algunha sorpresa máis para Colón o mesmo sábado, para complementar esta nova iniciativa.