As piscinas lalinenses abrirán desde o día 1 de xullo ao 31 de agosto

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

20 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A concelleira delegada do Lalín Area, María Jesús Sánchez, anunciou que as piscinas exteriores abrirán ao público do 1 de xullo ao 31 de agosto, realizándose agora traballos previos de acondicionamento para que as instalacións estean en óptimas condicións para a súa apertura, ademais de activarse a contratación de dous socorristas.

As familias con escasos recursos de Lalín poderán acceder gratuitamente por terceiro ano consecutivo, como se prevía tras os cambios na ordenanza fiscal. Para optar á gratuidade os interesados deben solicitar un bono acreditativo, dispoñible no Area. Por outra banda, os menores de 16 anos poderán acceder coa tarifa de menores, e do mesmo xeito que os maiores de 59 anos, verán reducida a entrada, o mesmo que persoas con discapacidade que ven rebaixado o prezo do abono un 15 %. Pola súa banda, os abonados do Lalín Area non terán que pagar entrada para as piscinas exteriores.