Homenaxe póstuma a Xosé Cuíña, fillo predilecto de Lalín

La Voz

LALÍN

MARCOS MÍGUEZ

2008

18 may 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Auditorio Municipal de Lalín quedaba fai agora dez anos quedaba pequeno para acoller a amigos e veciños de Xosé Cuíña Crespo na homenaxe póstuma promovida polo Concello. Unha xornada emotiva que arrincou no espazo cultural co nomeamento do político de Prado como Fillo Predilecto de Lalín, a título póstumo. Ademais da familia de Xosé Cuíña non faltaron destacadas personalidades da política, así como do empresariado e a sociedade galega. Nese acto o seu fillo e actual alcalde, Rafael Cuíña, recibía moi emocionado a distinción da mans do entón rexedor, José Crespo, lembrándolle como «un patriota namorado desta bendita terra que é Galicia, nai e señora». Un acto que se pechou cun concerto a cargo da Banda de Lalín, entre eles un dos favoritos de Xosé Cuíña.

O colofón a esa chuviosa xornada de tributo ao político lalinense foi o descubrimento dunha placa en bronce coa desde entón avenida de Xosé Cuíña.