Xoel Fernández estreou Calígula en Lalín

La Voz

LALÍN

Miguel souto

Tras a capital dezana a obra representarase en maio en Madrid, con xira logo por España

21 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Salón Teatro acolleu onte á noite a estrea da peza, nunha montaxe con Xoel Fernández como único actor para un texto que percorre a vida do histórico personaxe. Un problema eléctrico atrasou case hora e media o inicio. Mesmo soou a alarma de incendios. Baixo dirección de Mabel do Pozo, nunha montaxe con Marta González como responsable de escenografía e vestiario, sumándose á produción Diego Conesa. Tras a capital dezana iníciase unha xira por toda España.