Primeiro paso para declarar o Cocido de interese nacional

La Voz

LALÍN

miguel souto

2008

18 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hai unha década o Concello de Lalín dá os primeiros pasos en busca de conseguir que a Feira do Cocido fose declarada de interese turístico nacional. Facíao coincidindo coa cuadraxésima edición da festa gastronómica e a través dunha moción subscrita polo propio rexedor do PP, José Crespo, para instar o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a outorgar ese recoñecemento. Lembrábase entón que había xa en Galicia un total de 22 citas co sinal de interese turístico nacional. Tras o acordo plenario requiriuse un informe á Xunta e elaborouse un informe para remitir a documentación a Madrid. Dez anos despois Lalín o que busca agora é que sexa de interese internacional.