Lalín, co servizo do DNI saturado ata abril

La Voz

LALÍN

Non dispoñible

1996

16 ene 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Lalín goza nos últimos anos de dependencias policiais para tramitación de DNI e pasaportes con atención case inmediata. Pero non sempre foi así. Hai 22 anos, o entón concelleiro de Comercio e Industria Celso Seijas presentaba unha proposta á xunta de goberno para instar ao chamado Goberno Civil ?hoxe Subdelegación do Goberno? a aumentar a presenza de funcionarios da Policía Nacional na capital dezana, que atendían aos veciños de toda a comarca os días 3 e 18 coincidindo coas feiras. A pesar dunhas 70 persoas cada mañá, o servizo estaba saturado ata o mes de abril, polo que se reclamaba maior presenza para axilizar na medida do posible esas tramitacións.