Forcarei ensina aos veciños a tratar ou previr o dano cerebral adquirido

La Voz A Estrada / LA VOZ

FORCAREI

25 novs 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Co obxectivo de dar a coñecer o que é o Dano Cerebral Adquirido (DCA) e axudar a previlo ou tratalo, o Concello de Forcarei acollerá unha sesión formativa dirixida a familiares de persoas con dano cerebral e á poboación en xeral. Será o vindeiro martes, 30 de novembro, ás 11.00 horas no salón de actos da casa consistorial.

A traballadora social da Federación Galega de Dano Cerebral, Carla Miranda, será a encargada de impartir a charla, na que os veciños poderán coñecer que é o dano cerebral, cales son as súas principais causas, as secuelas, que mecanismos existen para a prevención e de que xeito organízase o modelo de atención e rehabilitación para os pacientes.

Reserva de praza

As persoas interesadas en asistir a esta actividade poden reservar a súa praza chamando ao Concello ao teléfono 986 755 036 ou enviando un correo electrónico á dirección alcaldia\forcarei.net. As prazas son limitadas.