Os centros educativos suman xa 79 casos activos

La Voz

FORCAREI

24 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Os centros educativos, incluíndo as garderías, contabilizaban onte, segundo os datos da Xunta, 79 casos activos. Son 20 en Silleda, 16 en Lalín, 11 en Cruces, 17 na Estrada, 11 en Forcarei, 3 en Agolada e un en Rodeiro. Entre os novos sumábase un máis no Cerdeiriñas, que xa conta con dous. En Forcarei son dous na gardería, tres no colexio de Soutelo, catro no de Forcarei e dous no Chano Piñeiro. Onte citouse no hospital Clínico a 190 persoas, entre profesores, traballadores e alumnos do instituto Marco do Camballón de Vila de Cruces para a realización dun cribado e as correspondentes PCR.