O Concello de Forcarei convoca unha praza de técnico adscrita a Intervención

La Voz

FORCAREI

Non dispoñible

16 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Boletín Oficial da provincia de Pontevedra publicou o martes o anuncio da convocatoria do Concello de Forcarei para a selección dun funcionario interino para a cobertura dunha praza de técnico de xestión, adscrito á área de Intervención, mediante concurso-oposición libre. As persoas interesadas nesta convocatoria teñen un prazo de dez días naturais contados desde onte para presentar as súas instancias. As bases íntegras pódense consultar no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Forcarei: forcarei.sedelectronica.gal.

O Concello necesita convocar esta praza anta a próxima xubilación do titular do posto de técnico de Intervención municipal e para garantir o correcto funcionamento dos servizos públicos nesta área.

Os aspirantes á praza deben ter o título de grao en Dereito, Xestión e Administración Pública, Administración e Dirección de Empresas ou Ciencias Económicas, entre outros requisitos.