Forcarei gaña o preito para recuperar a recadación

La Voz

FORCAREI

MIGUEL SOUTO

2007

25 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hai doce anos o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra ditaba unha sentenza que validó o acordo adoptado polo goberno local de Forcarei, co que asumía a xestión directa da recadación de impostos. O xuíz desestimaba o recurso presentado polo exrecaudador contra ese acordo, tomado en abril do 2005, co que se prescindía de servizos externos para cobrar os tributos. Desde entón eran funcionarios municipais os que levaban a cabo eses labores. No seu recurso solicitara unha indemnización ao Concello. En Forcarei os impostos séguense cobrando con persoal municipal fronte á maioría de concellos da zona que delegaron no ORAL.