Forcarei inicia o asfaltado de 11 pistas rurais con 7 quilómetros de lonxitude

La Voz A Estrada / LA VOZ

FORCAREI

cedida

16 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Forcarei comezará de inmediato o asfaltado de 11 pistas de seis parroquias, no marco do Plan de Vías dotado con 493.000 euros, tras concluír traballos previos de limpeza de calzadas e acondicionamento de gabias, que acaban de concluír en Rabadeiras e Córneas. Desta forma renovarase o firme de 7 quilómetros dunha rede municipal de estradas que suma 65.

Todos estes traballos se executarán, a partir da próxima semana, nos lugares de Rabadeiras e Córneas, na parroquia de Dúas Igrexas; en Cruceiro, Barrio e A Rúa, en Meavía; en Berrozo, en Millerada; beneficiaranse ademais os lugares de Pereira, Muras e Alende (San Bartolomeu en Pereira); Lamasgalán (Aciveiro); e Aldea de Arriba de Soutelo de Montes (A Madalena). Desde o Concello forcaricense solicitan precaución e colaboración a condutores e peóns as próximas semanas.