O PSOE de Forcarei alerta de verteduras e cheiros na depuradora de Vilariño

La Voz

FORCAREI

cedida

28 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O PSOE de Forcarei alerta de verteduras e malos cheiros na depuradora de Vilariño (Millerada). Asegura que se atopa ao límite por falta de mantemento. Os socialistas urxen a limpeza desta instalación, executada no 2009 para dar servizo a un centenar de veciños. Piden que se revisen tamén outras depuradoras, como a de Outeiro (Presqueiras), cunha problemática similar no verán.