Taller gratuíto en Forcarei para aprender a construír unha horta en espiral

La Voz

FORCAREI

17 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Fundación Galicia Verde -con sede na aldea de Levoso, en Quintillán (Forcarei)- programou para a próxima semana un taller de agricultura. Os participantes terán a oportunidade de aprender a construír unha horta en espiral desde cero.

A actividade levará a cabo os días 20, 21, 23 e 24 na sede da Fundación. A inscrición é gratuíta. Os interesados poden anotarse chamando ao 671 223 905.