05 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.
A biblioteca do colixido Pío Cabanillas de Dozón acollerá o día 9 unha charla sobre acompañamento emocional e como axudar aos nenos para regularse. Comezará ás 16.30 horas e será impartida pola psicóloga Patricia Canabal, experta en acompañamento a familias e docentes. A iniciativa enmárcase na Escola de Familias do centro educativo de Dozón, con apoio do Cefore.