O PP de Dozón tomba a moción do BNG para amortecer o catastrazo no municipio

La Voz LALÍN / LA VOZ

DOZÓN

13 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Cos recibos do IBI chegando aos domicilios estes días con fortes contías, o BNG levaba onte a pleno unha moción demandando ao goberno local a adopción de medidas para amortecer o catastrazo. Pero os populares rexeitaron as demandas nacionalistas, asegurando que o farán no próximo exercicio fiscal 2019, apuntaba a concelleira do Bloque Mar Vila. Rexeitamento tamén aos argumentos nacionalistas que acusaban o executivo local de discriminación en servizos como accesos e saneamentos aos lugares de Barrio e Cardelle, onde viven os dous edís da oposición. Igual sorte correu a demanda de mellorar o servizo de recollida de lixos, indicando que estudarán o plan Revitaliza da Deputación pero considérano máis propicio para cidades. O BNG, que votou en contra da aprobación definitiva da conta xeral 2017, preguntou pola perda de axuda para o punto limpo, nunha sesión en que se coñeceu o proxecto para unha Axencia de Desenvolvemento Local compartida co Irixo e Piñor.

Visita da conselleira Vázquez

Foi nun día en que a conselleira Ángeles Vázquez falou na SAT Saa da importancia da diversificación produtiva para o futuro de explotacións.