O folk-fusión será protagonista na Festa do Pan de Millo e Ovo en Cerdedo

La Voz A Estrada / LA VOZ

CERDEDO

25 sep 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A música folk do conxunto Laroá será a protagonista do concerto que terá lugar este sábado a partir das 21.00 horas no auditorio municipal de Cerdedo para a Festa do Pan de Millo e Ovo. Unha celebración adaptada ao protocolo anticovid no seu regreso. A entrada será gratuíta ata completar a capacidade. O público gozará do concerto sentados nas butacas habilitadas.

A banda galega, Laroá, naceu co obxectivo de fusionar e reinterpretar os sons tradicionais. O seu repertorio conta con pinceladas de música latina, jazz e folk nunha composición diferente para gozar cos cinco sentidos.