A Xunta autoriza a transferencia a Cerdedo da vía que une Caroi e Carballedo

La Voz A Estrada / LA VOZ

CERDEDO

MIGUEL SOUTO

30 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Durante o Consello da Xunta celebrado onte, autorizouse o cambio da titularidade a favor do Concello de Cerdedo do tramo inicial da estrada provincial EP-0401 que une os núcleos de Caroi e Carballedo. Tanto o Concello como a Deputación de Pontevedra asinaron un convenio no que estableceron a obrigación da entidade municipal a solicitar a transferencia desta vía.

Pola súa banda, a administración provincial acordou aprobar o cambio de titularidade a favor de Cerdedo e emitiu un informe favorable para este proceso de intercambio de 450 metros lineais da estrada EP-0401, do punto quilométrico cero ao 0+450, no núcleo da Chan. Con este cambio na titularidade, será o órgano municipal o que asuma as competencias para actuar neste tramo, asumindo a súa conservación e mantemento.

Renovación da iluminación

O Concello de Cerdedo tamén retomou onte as tarefas de renovación da iluminación municipal con luces LED. Os traballos reactiváronse no lugar de San Martiño.