Unha nova lauda en Cerdedo en memoria de Xosefa Rivas e os Ventín

La Voz A Estrada / LA VOZ

CERDEDO

Cedida

05 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O colectivo Capitán Gosende inaugurou onte a sétima lauda no campo situado nas Raposeiras, en Meilide, no municipio de Cerdedo. Esta nova placa de pedra rende homenaxe á memoria de Xosefa Rivas Touriño, matriarca dos Ventín. Con ela conmemórase e lémbrase tamén a Erundino, Manuel e Olegario Ventín Rivas e a Perfecto Ventín Barreiro, fusilados en decembro de 1936 e a Ramiro Lois Ventín, fusilado o 7 de novembro de 1936. Todos eles eran carrilanos republicanos en Zamora onde foron «fusilados polos fascistas».

O colectivo quixo con este xesto lembralos e honrar a súa memoria nun acto celebrado no campo dás laudas ao mediodía e no que non faltaron as bandeiras galegas e republicana.

Con esta xa son sete os ronseis de pedra labradas que foron xa fincadas neste campo e que lembran a veciños de Cerdedo caídos polos seus ideais, Esta nova lápida súmase ás xa existentes que van salpicando o campo.