Pretenden dotar de máis servizos á praia fluvial de Cerdedo

La Voz A Estrada / LA VOZ

CERDEDO

Cedida

12 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello reservou unha partida de 17.000 euros nos seus orzamentos do 2020 para a redacción durante este ano dun plan especial de dotacións que posibilite incrementar a oferta de servizos de lecer na praia fluvial de Cerdedo. O goberno local pretende reordenar os espazos existentes ao redor desta paraxe natural, moi concorrido como zona de baño e polo de atracción turística. Pretenden construír máis infraestruturas de lecer, vinculadas ao deporte e os hábitos saudables, así como a creación dalgunha senda para conectar e percorrer toda esa área, xunto con espazos e servizos de hostalería.

O proceso administrativo para elaborar ese plan especial de dotacións quérese axilizar e converter a praia fluvial na mellor da provincia.