Crujeiras renuncia á presidencia de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade

La Voz A Estrada / LA VOZ

CERDEDO

cedida

14 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade, José Luis Crujeiras Garrido, presentou onte a súa renuncia como presidente do colectivo. Segundo explica, por motivos familiares ultimamente non lle puido dedicar á agrupación todo o tempo que lle gustou e, xa que esta situación se manterá no tempo, prefire dar paso a outro voluntario á fronte do equipo. Crujeiras dirixe o colectivo desde finais do ano 2015, cando tomou a vez tras o falecemento do anterior presidente da agrupación cerdedense, Gonzalo Barreiro.

A agrupación convocou para este sábado ás 19.30 horas unha asemblea que terá lugar no centro cultural de Cerdedo e na que se elixirá nova directiva. A agrupación conta con 16 voluntarios e dúas sedes con vehículo propio: unha en Cerdedo e outra en Carballedo. Ambas son necesarias para ofrecer resposta áxil nun concello con 214 quilómetros cadrados.