Cultura Festival de corais hoxe no Auditorio de Agolada

La Voz

AGOLADA

09 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe, ás 20.00 horas, celébrase no Auditorio Manuel Costa Casares de Agolada un festival de corais que contará coa actuación da Coral Polifónica de Agolada e a Schola Cantorum de Burgos. Esta última, creada en 1884, é a formación máis antiga de Castela e León cumprindo este ano o seu 137 aniversario. Está dirixida desde o ano 1999 pola profesora María José Barrio Morquecho e conta na actualidade con 40 compoñentes.