O alcalde de Agolada renunciou a celebrar este ano o «Día dá Liberación» e aprázao ao 2023

La Voz

AGOLADA

miguel souto

08 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde de Agolada, Luis Calvo, renunciou finalmente este ano a fixar como festivo local o 26 de maio e festexar o que o denomina «Día dá Liberación», en alusión á data na que gañou as eleccións municipais fronte ao Partido Anticorrupción e Xustiza (PAYJ) que desbancou ao PP tras décadas no goberno.

Á hora de abordar os festivos locais no pleno, o rexedor anunciou como proposta do goberno os días 29 e 30 de xuño, mantendo desta forma as datas tradicionais das festas de San Pedro que contan co consenso de anos de veciños e partidos.

Aínda que nos últimos días, o rexedor non negou a proposta, no pleno asegurou que o do 26 de maio fora un erro. O día anterior á sesión deixaba a decisión final sobre os festivos en mans do seu grupo de goberno, pero en canto anunciou as novas datas replicoulle o tenente alcalde aparentemente sorprendido que chegou a dicir «que fino, alcalde, publicidade gratis».

Tras o pleno, nunha nota emitida polo Concello, por unha banda bota a culpa ao departamento de secretaría dicindo que «por un erro enviouse unha proposta errónea» e polo outro afirma que a decisión de manter o 29 e 30 de xuño tomouna o grupo de goberno de PAYJ o mércores nunha reunión avanzando que proporá o 26 de maio como festivo local no 2023.

Os festivos aprobáronse por unanimidade e o PP, único grupo na oposición, achacou o cambio de idea «a presión social» apuntando que «non hai Día da Liberación porque os vecinos votaban cada catro anos». Calvo defende que si era unha data para celebrar acusando aos anteriores gobernos de condutas caciquiis e asegurando que con eles Agolada cambiou «como do día a noite».