Agolada destina os 27.000 euros para familias a subministracións

La Voz LALÍN / LA VOZ

AGOLADA

miguel souto

06 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Agolada somete a pleno mañá unha modificación de crédito para dedicar unha partida de 27.000 euros consignada para asistencia social primaria a familias e institucións sen fins de lucro a subministracións. Explican que o diñeiro orzado no actual orzamento é insuficiente e non é ampliable e de aí o cambio, co que se pretende facer fronte a Ao «gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte». mesmo tempo dar conta de varios decretos. Un deles para o pagamento dunha sanción de Augas de Galicia por importe de 1.576 euros e outro para o pagamento de 900 euros dunha sanción da Axencia Tributaria.