Canto coral no peche do curso de Música Antiga de Agolada

La Voz

AGOLADA

Cedida

02 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O canto coral centrou onte as actividades da segunda xornada do curso de Música Antiga que se desenvolveu na localidade de Agolada o sábado e onte. Os alumnos contaron cos ensinos de Magna Ferreira, en canto &Ensemble Vocal e Singing & Vocal Ensemble e as de Fran Pérez. Acompañoulles ao clavicémbalo, Débora Valuja. As clases tiveron como escenario Os Pendellos.