Música, maxia, cociña e arte na Mostra de Artesanía de Agolada

La Voz LALÍN / LA VOZ

AGOLADA

31 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Agolada acolle o 11 e 12 de agosto a que será a XXIV Mostra de Artesanía, que este ano por mor da pandemia reduce a dous días a iniciativa en vez dos tres habituais. O día 11, a mostra inaugurase ás 11.00 horas para dar paso de seguido a actuación de Laxeto Percusión con animación na rúa. Ás 12.00 horas o comedor grande dos Pendellos será escenario dun showcooking con produtos locais e que terá lugar con prazas limitadas. Pola tarde, ás 17.30 horas, na Praza da Randulfa terá lugar o espectáculo Ventriloquia de Al e Tana.

Esta primeira xornada rematará a ritmo da música cos sons do grupo tradicional de Agolada Bico da Balouta que contarán co acompañamento nalgunhas pezas da Coral Polifónica de Agolada.

O día 12, coincidindo ca feira, a mostra ábrese ás 10.00 hora. Ás 12.00 volverá a haber un showcooking no comedor grande e pola trade, ás 17.30 actúa nos Pendellos o Mago Deimi.

Pecha a mostra un concerto de Os Corimbantes na Praza do Concello, ás 20.00 horas. A programación, organizada polo departamento de Cultura que dirixe Concepción Carballal e a técnica cultural municipal, Inma Galego, completarase con exposicións, una delas de debuxo e pintura de José Ángel Ayude, veciño de Berredo, na Casa Museo.