Aberta a inscrición para o terceiro campamento musical de Agolada

La Voz

AGOLADA

diego

26 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Escola de Música Municipal de Agolada pon en marcha este ano o que será o seu terceiro campamento musical, retomando así unha actividade suspendida o pasado verán por mor da pandemia. O prazo de inscrición está aberto ata o próximo 15 de agosto. As actividades están dirixidas a nenos a partir dos 3 anos.

O campamento, a cargo de monitores titulados, inclúe clases e actividades de lecer e desenvolverase os días 19, 20,21 e 22, en horario de 9.30 a 21.30 horas. Polas mañás os participantes recibirán formación de iniciación musical, música e movemento, banda infantil e banda xuvenil. Pola tarde poderán gozar de visitas á piscina, a práctica de deportes e unha ampla programación de actividades que inclúen cine, inchables, conta contos e a súa participación en actuacións e concertos.

O prezo será de 85 euros para alumnos externos, que inclúe un tentempié de media mañá, comida e cea, e de 60 euros para os alumnos da Escola Municipal de Música de Agolada. O número de prazas é limitado. Os interesados poden solicitar máis información chamando a Raquel ao 661 953 108 ou a María ao 696 301 279 ou o 676 345 912. A segunda edición desta iniciativa levou a cabo a finais do mes de xullo do 2019. Nesa ocasión o campamento duplicou a cifra da primeira edición e sumou ao programa de actividades as actuacións dalgúns grupos foráneos, así como teatro, pechándose cun concerto dos participantes.