Luis Sarandeses e Laura Blanco volven traballar no Concello de Agolada

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

AGOLADA

Cedida

04 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Onte o Concello de Agolada sumou dous novos empregados. Luis Cristóbal Sarandeses Galego e Laura Blanco Álvarez regresaron para unirse unha vez máis ao cadro de persoal. Esta vez Luis, que logrou o seu primeiro emprego no 2013 cando realizou seis meses de prácticas como administrativo nas oficinas municipais, terá como tarefa pegar carteis e estará tres meses. O mesmo tempo que traballará Laura, no seu caso no posto de ordenanza. Explica que lle gusta desempeñar diferentes tarefas e a súa favorita é facer fotocopias.

Luis é do barrio do Carme, en Borraxeiros, e ten 29 anos. Laura é de Santa Comba, e conta con 24. A ambos lles encanta volver reunirse cos seus compañeiros e traballar de novo. As contratacións realizáronse ao amparo da axuda da Deputación para 16 persoas do Plan Concellos, ocupando dous postos reservados a persoas con diversidade funcional. Agolada contratou ademais un administrativo, unha licenciada en Xornalismo, tres poceros, un condutor e un operario para a recollida de lixo, catro peóns, un mantedor de edificios e dous para xardíns.