Charla sobre tarifas eléctricas no Auditorio de Agolada

La Voz LALÍN / LA VOZ

AGOLADA

03 may 2021 . Actualizado ás 23:53 h.

O Concello de Agolada organizou unha charla informativa sobre as novas tarifas eléctricas que terá lugar o próximo 6 de maio, ás 20.00 horas no Auditorio Manuel Costa Casares. A iniciativa está aberta ao público en xeral e ten como obxectivo informar aos asistentes sobre os cambios que levarán a cabo este ano nas tarifas da luz. Son os que xa estaban previstos para o 2020 pero que non se puideron levar a cabo por mor da pandemia provocada polo coronavirus e que entrarán en vigor en xuño.

A iniciativa será impartida por representantes da empresa Hidroeléctrica Lumymey. A firma, segundo explican desde o Concello, leva xa máis dun século comercializando electricidade e producindo enerxía verde.